A Confederación Intersindical Galega mantivo este martes un encontro cos sindicatos vascos ELA e LAB e o catalán Intersindical-CSC. O obxectivo da xuntanza era denunciar a “deriva represiva” do Estado español a partires do ‘procés’ de independencia de Catalunya, en base ao xuízo que se celebrará o vindeiro 25 de abril no Tribunal Superior de Justícia de Catalunya por mor da convocatoria de folga xeral do pasado 8 de novembro. A Intersindical-CSC declarará como parte acusada neste xuízo.
Contra a represión do Estado español, solidariedade entre os pobos!
Conferencia de prensa conxunta das centrais CSC (Catalunya), CIG (Galiza) e ELA e LAB (Euskal Herria) desde Compostela. Contra a represión do Estado español, solidariedade entre os pobos!> Nova relacionada: http://cig.gal/nova/csc-cig-ela-e-lab-denuncian-o-ataque-sen-precedentes-a-democracia-e-as-liberdades-no-estado-espanol.html
Publicada por Confederación Intersindical Galega – CIG en Martes, 17 de abril de 2018
A Intersindical-CSC, a xuízo pola folga xeral do 8 de novembro
Decreto lei para o éxodo de empresas catalás
Outra das cuestións abranguidas nesta xuntanza foi o Decreto lei, aprobado polo Goberno central no mes de outubro, que permitía ás empresas catalás trasladar de xeito inmediato a súa sede fiscal a calquera outra cidade do conxunto do Estado. Os sindicatos consideran esta medida, vixente unicamente en Catalunya, como un claro “ataque” da executiva de Mariano Rajoy ao pobo catalán.
De feito, algunhas empresas como a entidade bancaria CaixaBank admiten agora ter sido “demasiado pesimistas” ao falar dos posíbeis efectos da independencia de Catalunya. Jordi Gual, presidente do banco catalán, garantía a pasada semana que o 2018 será un ano “bo” en termos de crecemento económico.