O sector da Sanidade volve ás rúas. A CIG denuncia que as e os traballadores viron empeoradas as súas condicións laborais por mor da recesión económica e, este martes, o sindicato rexistrou no Parlamento as 7.000 sinaturas de docentes de todo o país que piden recuperar as “condicións laborais” e “acordos retributivos” que foron “recortados” dende a chegada de Núñez Feijóo ao poder.
O persoal do SERGAS é o máis castigado nesta crise
Concentración ás portas do Parlamento
María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, confía en que a presión cidadá faga recapacitar á consellería de Sanidade e o Sergas e finalmente o Goberno galego ceda e se sente a negociar. Porén, lembra que o PP non amosou “predisposición” até o de agora. Ao mesmo tempo, medio centenar de persoas concentrouse diante do Parlamento para clamar por unha “carreira profesional digna” e a “recuperación” dos seus “dereitos roubados”.