Home Programas Espazo Aberto A CIG mobilízase para denunciar a “mala xestión” do persoal en Función Pública

A CIG mobilízase para denunciar a “mala xestión” do persoal en Función Pública

0
A CIG mobilízase para denunciar a “mala xestión” do persoal en Función Pública

A CIG-Autonómica manifestouse hoxe para esixir unha mellora na xestión do persoal de Función Pública. Na concentración, que tivo lugar ás 11 da mañá diante da Xunta, os participantes denunciaron as amortizacións de postos de traballo e o peche de servizos, e ademais esixiron a convocatoria “inmediata” de concursos de traslado.

Dende a CIG acusan á Xunta da falta de mobilidade do persoal. “Levamos catro anos sen concurso. Hai mobilidade de persoal, pero é unha mobilidade ilegal, a dedo”, explica Zeltia Burgos, Secretaria Nacional da CIG da Administración Autonómica. Tamén denuncian a “falta de ofertas de emprego público e a opacidade nas listas”.