Home Programas Espazo Aberto A CIG denuncia os recortes da Xunta no ensino público nuns orzamentos que considera “insuficientes”

A CIG denuncia os recortes da Xunta no ensino público nuns orzamentos que considera “insuficientes”

0
A CIG denuncia os recortes da Xunta no ensino público nuns orzamentos que considera “insuficientes”

Os orzamentos previstos pola Xunta de Galicia para o ano 2018 non satisfan as necesidades do ensino público. O departamento de ensino da CIG denuncia que os orzamentos de Educación medran menos que os das outras Consellarías, e considera que o goberno de Núñez Feijóo deixa en evidencia a súa preferencia por unha política “privatizadora, elitista e centralista”. Dende o ano 2009, a porcentaxe do orzamento total destinado a Educación diminuíu en cinco puntos.

Hai un incremento cero do número de docentes

A CIG desmente que as oposicións que se van convocar nos vindeiros anos supoñan un incremento do número de docentes, que continúa estancado en 30.000, polo que a carga de traballo seguirá sendo excesiva para un persoal docente que non verá melloradas as súas condicións laborais. Outro dos aspectos que critica a CIG son as facilidades que se lle outorga á escola concertada en detrimento da pública.

Lingua

Só 73 céntimos de cada 1.000€ dos orzamentos da Xunta son para fomento da lingua galega

Por outra banda, a CIG lamentou o escaso investimento da Xunta na promoción da lingua galega, unha cifra que baixou en catorce millóns de euros dende a chegada ao goberno de Núñez Feijóo.