Home Programas Área Compostela A CIG denuncia o “abusivo” peche de camas previsto para o verán no Hospital Clínico de Santiago

A CIG denuncia o “abusivo” peche de camas previsto para o verán no Hospital Clínico de Santiago

0
A CIG denuncia o “abusivo” peche de camas previsto para o verán no Hospital Clínico de Santiago

A CIG-Saúde de Compostela denuncia o “peche abusivo de camas” durante o período estival nos hospitais e amósase “indignada” polo intento da Xerencia de intentar normalizalo a través de xustificacións como pode ser o descenso na actividade asistencial, falta de persoal para substitucións e a necesidade de acometer obras de acondicionamento. Un argumentario que consideran “absurdo e inexacto”.

Fronte a isto, a CIG-Saúde afirma que durante o período estival non pode diminuír a actividade asistencial porque “as poboacións das zonas de costa, como mínimo, se duplican nesa época e os pobos de interior tamén se enchen cos centos de persoas que veñen de fora, os e as emigrantes”.Indican, ademais, que as persoas “tamén enfermamos no verán”

Camas, quirófanos e plantas pechadas

Pechar de golpe 7 dos 15 quirófanos do Clínico, dicindo que hai que facer reformas, “é unha moi mala desculpa para pechar camas”, aseguran. Para CIG-Saúde de Compostela, máis unha vez o peche de plantas e quirófanos en verán nin é unha xestión eficaz, nin eficiente, tanto en canto vai en detrimento da calidade asistencial que defendemos. “E logo dirán novamente que o primeiro e o máis importante é o paciente. Mentira!”.