A CIG demanda ante o Parlamento “emprego digno” para o sector das telecomunicacións

O sindicato convocou unha concentración este mércores esixindo para este sector unha oferta de traballo "digno, cualificado e con dereitos"

A CIG-Sector de Telecomunicacións convocou este mércores unha concentración diante do Parlamento galego, esixindo para as e os traballadores deste sector unha oferta de emprego “digno, cualificado e con dereitos”. O sindicato denuncia que, dende o 2002, as grandes operadoras de telecomunicacións reduciron “á metade” o seu emprego total no Estado, pasando a xestionar os servizos a través de “contratas”, “tendas de atención persoal en franquía” e “Call Center de teleatención e telecontratación”. Deste xeito, denuncia a CIG, “empeoráronse os salarios, as bases de cotización e as condicións laborais”.

O sindicato presenta unha batería de iniciativas para arranxar o conflito

En consecuencia, o sindicato galego demanda a fin da subcontratación e dos “falsos autónomos”, a supresión das medidas impulsadas polas reformas laborais e o “respecto dos dereitos civís” das e dos traballadores e usuarios para empregar a lingua galega. Asemade, insta a que os convenios se negocien en Galiza, e non en Madrid, a través do “Marco Galego de Relacións Laborais”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -