Home Programas Espazo Aberto A CIG ante o 1º de maio: “O sindicalismo ten que ser máis de combate que nunca”

A CIG ante o 1º de maio: “O sindicalismo ten que ser máis de combate que nunca”

0
A CIG ante o 1º de maio:  “O sindicalismo ten que ser máis de combate que nunca”

Recuperar os dereitos e avanzar cara melloras para os traballadores e traballadoras son os obxectivos que a CIG destaca e pretende conseguir a través das mobilizacións. Paulo Carril, Secretario Xeral da CIG, di que a chegada do novo goberno “non é máis que a continuidade do que tivemos nos últimos dez meses”, un goberno que “non ten vontade de cambio”. Por iso dende a CIG cren que o sindicalismo ten que ser máis que nunca unha ferramenta de combate. Carril fai un chamamento á mobilización neste 1 de maio para seguir intentando recuperar os dereitos da clase traballadora.