Home zzPortada “A cidade debe adaptarse ás persoas, e non ao revés”

“A cidade debe adaptarse ás persoas, e non ao revés”

0
“A cidade debe adaptarse ás persoas, e non ao revés”

Unha vila ou cidade coidadora é aquela que facilita o desenvolvemento das persoas que viven nela, segundo nos conta Sabela Losada, de MATERFEM. A asociación tamén desenvolve un proxecto dun Espazo Permanente de Coidados onde por exemplo “poder cambiar un cueiro sen ter que pagar unha consumición”, e insisten en que debería ser público. Explican que é a cidade a que se debe adaptar ás persoas, e non ao revés: “a vida fíxose cara adentro das casas porque as rúas xa non son un lugar agradable. (…) Queremos que toda a cidade sexa desfrutable”.

Coidados tamén de portas cara adentro

Lembran desde MATERFEM que as casas tampouco son un espazo seguro por si mesmos: “mentres os roubos baixaron, a violencia de xénero disparouse: aumentaron as denuncias, as detencións e as chamadas aos teléfonos de información”.

Esta asociación colabora tamén co proxecto A Clínica das Casas da Universidade da Coruña, achegando unha perspectiva de xénero ás necesidades das vivendas que evidenciou o confinamento, como por exemplo, ter un pequeno espazo exterior