Home Espazo Aberto Cultura A Casa-Museo Manuel María acollerá mañá o concerto Pondaliana

A Casa-Museo Manuel María acollerá mañá o concerto Pondaliana

0
A Casa-Museo Manuel María acollerá mañá o concerto Pondaliana

A Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, acollerá mañá, sábado, o concerto Pondaliana coa que agardan descubrir máis sobre o valor musical da poesía de Eduardo Pondal. A través de quince poemas que forman parte dunha síntese antolóxica da poesía de Pondal, e do talento de Xoán Padín (guitarra e voz), Lidia Piñeiro (pandeiro e voz), Cabe García (guitarra) e Fernando Couce (percusión), presentarase este traballo editado en 2019 pola AS-PG e A Mesa.

O concerto Pondaliana é o resultado dun espectáculo musical que organizou en 2017 a Sociedade Cultural Medulio co gallo do centenario da morte do poeta de Ponteceso. O prezo do billete para asistir ao concerto é de 5 euros e pode reservarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal