Home Espazo Aberto Cultura A carballeira de Santa Isabel de Outeiro de Rei prepárase para o VI Convivio da Cultura Galega

A carballeira de Santa Isabel de Outeiro de Rei prepárase para o VI Convivio da Cultura Galega

0
A carballeira de Santa Isabel de Outeiro de Rei prepárase para o VI Convivio da Cultura Galega

A Casa-Museo Manuel María, xunto á Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, levarán a cabo este sábado 13 de xullo, en Outeiro de Rei, a VI edición do Convivio da Cultura Galega. O Convivio, aberto a todas as persoas e a todo o asociacionismo cultural de base, busca a recuperación do espírito comunitario da tradicional romaría da Santa Isabel de Outeiro de Rei, de foliadas e merendiñas. Todo isto ao redor da figura de Manuel María, alicerce fundamental na construción e dinamización do movemento cultural galego.

Encontro da Federación de entidades culturais Galiza Cultura

No marco deste Convivio, as entidades culturais que forman parte da Federación Galiza Cultura terán un encontro no auditorio da Casa-Museo Manuel María para preparar o desenvolvemento de próximas iniciativas conxuntas.