A cidade de Santiago acolleu a primeira xuntaza deste ano da campaña “En negro contra as violencias” na que participan este ano 62 administracións entre concellos e deputacións. No edificio CERSIA actuou como anfritroa a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, nunha reunión para por en común resultados e achegar novidades.
Quince novos concellos amosan o seu interese pola campaña “En negro”
Deste xeito, 62 administracións reuníronse en Compostela pola campaña “En negro contra as violencias”. Ademais de Santiago estiveron presentes, entre outrasm, as deputadas Igualdade de A Coruña e Lugo e concelleiras de cidades como A Coruña, Lugo ou Ferrol.
A campaña “En negro contra as violencias” volve con máis forza pic.twitter.com/tXLH0hBPTV
— Nós Televisión (@NosTelevision) 5 de septiembre de 2018
Críticas contra a Xunta
Ademais, no encontro escoitáronse voces críticas coa Xunta de Galicia polas súas campañas contra a violencia machista e rexeitar participar nesta que conta con tanta aceptación e implica a moitos sectores da cidadanía.
Unha iniciativa pioneira
A campaña xurdiu en 2015 da man do concello de Santiago. En negro contra as violencias naceu en 2015 da man do Concello de Santiago, que puxo en marcha a campaña Compostela en negro, na que se implicaron arredor de 300 establecementos comerciais e axentes sociais do municipio. Xa no ano 2016 uníronse xa 16 concellos e o ano pasado xa eran 75. Nesta edición quince novos conistorios municipais amosaron o seu interese en participar.
