A campaña do PP, “caldo de cultivo para a extrema dereita”

Valoracións do alcalde de Compostela sobre a primeira das enquisas de cara as vindeiras eleccións e que afirma que CA se mantería na alcaldía e Vox accedería a Raxoi dous concelleiros

A máis recente enquisa de Sondaxe, publicada na Voz de Galicia, vaticina que nas próximas eleccións municipais do 26 de maio, Compostela Aberta continuará na alcaldía de Santiago, cun “proxecto de cambio instalado nunha nova etapa de futuro na cidade”, como declarou alcalde actual e candidato do partido, Martiño Noriega. Pero sen dúbida, o resultado que máis chamou a atención foi a entrada de Vox en Raxoi con dous concelleiros, un 8,5% dos votos estimados.

O alcalde tamén quixo facer referencia á polémica xerada polas acusacións do PP estas últimas semanas de tratos de favor aos familiares dos membros de Compostela Aberta, é recalcou que  “se fían as súas esperanzas nunha campaña de acoso e derribo” pódelles “volver en modo boomerang“. “Praxes e formas de actuar”, engadiu, “que son caldo de cultivo da extrema dereita“.

- Publicidade -