Home Programas Espazo Aberto A calidade dos produtos que comemos, unha preocupación en aumento en Galicia

A calidade dos produtos que comemos, unha preocupación en aumento en Galicia

0
A calidade dos produtos que comemos, unha preocupación en aumento en Galicia

A dieta Atlántica non ten nada que envexar da Mediterránea. A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago quixo comprobalo e, co apoio do Ministerio, lanzou o estudo Galiat co que fixo un seguimento a máis de 100 familias do concello da Estrada. A analista e doutora María del Mar Calvo valora a importancia do consumo do alimento da zona no coidado do corpo e do medio ambiente.

O produto fresco adoita ser tamén o máis caro. Dende a Unión de Consumidores de Galicia recoñecen que non todo o mundo pode pagalo, sobre todo polas inercias ás que nos somete un sistema que nos deixa sen tempo para coidarnos. Razón pola que nos dan as seguintes recomendacións.