A biblioteca Daniel Castelao de Lisboa “tecerá pontes” entre Portugal e Galiza

O acto de inauguración será o vindeiro 19 de maio na sede da Associaçao José Afonso da capital lusa

Dicía o Zeca Afonso, non sen razón, que “a Galiza não fica no Minho”. A sociedade galega segue a “tecer pontes” con Portugal a través da AJA —Associaçao José Afonso—, que, dende o mes de xaneiro, conta cun núcleo propio no país. Así as cousas, o vindeiro 19 de maio inaugurarase en Lisboa —na sede da AJA— a Biblioteca Galega “Daniel Castelao”, un espazo adicado á difusión da literatura galega, clásica e contemporánea, na capital lusa.

Este proxecto é froito da colaboración entre máis de quince institucións, entre as que cómpre salientar a AJA-Galiza e o Concello de Rianxo, cuxos titulares presentárono hoxe en rolda de prensa. A biblioteca contará, de inicio, con preto de cincocentas obras de diferentes autores e autoras en lingua galega.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -