Home Programas Espazo Aberto A bandeira trans álzase por primeira vez no Día do Orgullo

A bandeira trans álzase por primeira vez no Día do Orgullo

0
A bandeira trans álzase por primeira vez no Día do Orgullo

Hoxe cúmprense 50 anos das revoltas de Stonewall e diversos colectivos e asociacións compostelás celebran este día con múltiples actividades. A primeira de todas foi a lectura dun manifesto na praza do Obradoiro e o alzado da bandeira trans. Trátase do primeiro ano no que se alza esta bandeira no concello e polo tanto Santiago súmase a unha lista reducida de concellos que fan este xesto.

Dende Avante LGBT explican que este día é para “visibilizar e loitar para conseguir dereitos”, explica Alexandre Garrido, o responsable da organización deste colectivo. Daniela Ferrández, presidenta da Asociación Amizando, tamén di que este día está para “celebrar que estamos aí e que estamos conseguindo os nosos obxectivos“.

En canto á situación do cambio de xénero de menores en Galicia, Cristina Palacios, presidenta de Arelas, di: “É difícil se a familia non apoia, e por suposto tamén depende do xuíz que che toque. Este dereito non está recollido en ningunha lei e por iso é difícil”. Dende Avante LGBT e Amizando tamén comparten esta perspectiva.