A Banda de Música de Santiago actuará catro veces durante o Apóstolo

A formación estará acompañada por agrupacións coma Cantigas e Agarimos, Brincadeira, Ultreia e Colexiata de Sar

A Banda Municipal de Música de Santiago continúa os festexos polo seu 170 aniversario. A formación musical que lidera Casiano Mouriño ofrecerá catro concertos durante as Festas do Apóstolo, ofrecendo un “repertorio variado”, en palabras do seu director. Os eventos foron presentados este xoves en rolda de prensa.

O primeiro concerto será o domingo 22, na praza da Quintana

A primeira actuación será o vindeiro domingo, na praza da Quintana, e a Banda estará acompañada por catro agrupacións emblemáticas da cidade: Cantigas e Agarimos, Brincadeira, Ultreia e a Colexiata de Sar. O xoves 26, desta volta nas Praterías, a formación actuará conxuntamente coa Gallaecia Big Band. Asemade, ofreceranse outros dos concertos en solitario, un o venres 27 e outro o domingo 29.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -