Home Programas Espazo Aberto A banca social e o financiamento responsable

A banca social e o financiamento responsable

0
A banca social e o financiamento responsable

As obras de interese social non son incompatibles co mundo da banca. Alén de prácticas frecuentes neste sector como a “especulación financeira”, existe un conxunto de entidades cun marcado compromiso coa sociedade que, a través de sociedades cooperativas, demostran cal é o “valor social do diñeiro”. Este martes, cinco empresas cun marcado compromiso ético debateron no edificio CERSIA sobre as súas propostas para un “financiamento responsable”.

O caso da Caixa Rural Galega

Cómpre salientar tamén o caso de Caixa Rural Galega, pertencente ao grupo de “banca confederada” Caja Rural. Esta entidade, que conta con máis de 16.000 socios e socias, reinviste o 90% dos seus beneficios no desenvolvemento da propia cooperativa, namentres o 10% restante emprégase para financiar proxectos de promoción do emprego, de acción social e culturais.

Outras entidades participantes

Neste encontro participaron outras entidades coma a Sociedade Cooperativa de crédito Cajamar, a entidade “parabancaria” Coop57 e a asociación solidaria AIS O Peto, todas elas operando baixo principios de “responsabilidade social” e “ética”.