Home Programas Espazo Aberto A Baña e Verín, en loita por un servizo sanitario público para as crianzas do rural

A Baña e Verín, en loita por un servizo sanitario público para as crianzas do rural

0
A Baña e Verín, en loita por un servizo sanitario público para as crianzas do rural

Nas últimas horas, unha concentración transcorría ás portas do centro médico do concello coruñés de A Baña. A veciñanza e o equipo de goberno local do concello solicitan unha atención pediátrica “digna” neste municipio e que se cubran as baixas e vacacións da pediatra do centro de saúde, que actualmente só teñen dous días a semana. A falta dun servizo de pediatría correcto tamén toca ao concello de Verín onde a comezos de ano se decidiu pechar o paridoiro do Hospital comarcal por esta razón, segundo indica a Xunta de Galicia. O xerente do SERGAS, Antonio Fernández-Campa, bota balóns fóra e fala de “falta de especialistas en Galicia e en todo o Sistema Nacional de Saúde e de Europa”.