A Audiencia Nacional, nun auto emitido o pasado 14 de decembro e dado a coñecer hoxe en rolda de prensa, deixa sen efecto a “suspensión cautelar de actividade” da organización independentista Causa Galiza tomada hai trece meses aínda que mantén as imputacións a nove dos seus membros. A nova dérona a coñecer en rolda de prensa en Santiago de Compostela.
Aínda hai nove militantes de Causa Galiza imputados
Agora as e os militantes de Causa Galiza que aínda teñen aberto un proceso esixen que a AN rectifique tamén a súa situación e anuncian que continuarán coa campaña que denuncia a continuidade deste proceso xudicial.
Na mesma rolda de prensa informaron tamén que Causa Galiza pasará a ser unha formación política rexistrada que defenda os intereses de Galiza.
A AN iniciara no mes de outubro de 2015 unha operación que denominou “Jaro” na que se practicaron varias detencións e que tivo gran seguimento mediático en Galiza. Con esta rectificación a organización independentista podería voltar aos escenarios políticos galegos o ano vindeiro.