Home Programas Espazo Aberto A Audiencia da Coruña investigará o borrado de datos no caso Angrois

A Audiencia da Coruña investigará o borrado de datos no caso Angrois

0
A Audiencia da Coruña investigará o borrado de datos no caso Angrois

A Audiencia Provincial da Coruña continuará coa fase de instrucción do caso Angrois. Tal e como solicitaba a Plataforma de vítimas, o xuíz investigará a denuncia dun ex traballador que detectou diferentes avarías no tren Alvia que descarrilou o 24 de xullo de 2013. O daquela operario denuncia que os responsables de Talgo ordenaron o borrado de datos sobre esas avarías horas despois do sinistro.

Segundo informa Europa Press, a sala investigará tanto o posible borrado de datos como a relación que poderían ter esas avarías co accidente ferroviario que lle custaría a vida a 80 persoas e 144 quedaron feridas.