A Asemblea de Áreas Sanitaria (AAS) de facultativos/as de Atención Primaria convoca para este próximo mércores 19 de xuño unha folga dirixido ao persoal de medicina de familia, pediatría, farmacia, odontoloxía, MIR e técnicas e técnicos de saúde da Atención Primaria.
Esta convocatoria xorde polo “gran malestar entre as profesións sanitarias nos Centros de Saúde pola deterioración das condicións do traballo asistencial, relacionadas coa mala xestión, a carencia de recursos e a falta de decisión da actual Administración de poñer en práctica as recomendacións internacionais sobre o papel da Atención Primaria no sistema sanitario”. Tamén vén causada pola “nula intención” da Consellaría de Sanidade á hora de atender ás necesidades das pacientes reclamadas por diferentes colectivos profesionais.
No propio día 19 de xuño haberá unha manifestación que transcorrerá a partir das 12 h en Santiago de Compostela, desde S. Caetano (diante da sede da Xunta) a S. Lázaro (diante da Consellería de Sanidade)