A finalidade da Assembleia Nacional Galega é recoñecer a persoas que destaquen en calquera eido da galeguidade, e este ano decidiron outorgarlle o Premio Galego Nacional a Camilo Nogueira. A ANG destaca da súa figura que “estivo na loita moito antes desta suposta democracia, estivo na loita dende neno, porque o aprendeu en casa”.
Arturo Novo, da Assembleia, di que Camilo Nogueira “é unha persoa integradora que loitou pola unidade dos nacionalistas” e engade: “temos moita sorte de ter unha persoa así no nacionalismo. É unha persoa moi recoñecida e querida”.
O premiado agradece este recoñecemento e as verbas que lle dedican dende a ANG, e di que “nestes tempos críticos o papel da Assembleia é moi necesario”.