A Asociación de Pacientes e Usuarios/as do CHUS denuncia un “colapso” nos servizos de urxencias no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago o pasado luns, 20 de maio. Nun comunicado, denuncia a existencia de “pacientes graves nos corredores de acceso”. “A pesares de anos de denuncias públicas, de falecementos nos corredores, de múltiples denuncias ante a fiscalía e de meses de folga do persoal do servizo, novamente as urxencias do CHUS volven a estar colapsadas”, relatan no escrito.

A maiores, indican que ás 20.04 horas había 19 pacientes clasificacos pola triaxe como graves que agardaban en cadeiras de rodas e padiolas nos corredores de acceso. Mentres tanto, denuncian que 14 pacientes con ingreso asinado estaban ocupando os espazos de traballo. A planta de medicina interna do Gil Casares, con 42 camas, “xa foi pechada fai unha semana e o anexo do mesmo hospital non foi aberto en ningún momento”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

“Pouco nos queda por dicir que xa non fora dito en todo estes anos. No Servizo Galego de Saúde os pacientes e usuarios padecemos sistematicamente unha absoluta indefensión nun estado que se denomina “de dereito” e no que as normas básicas e dereitos fundamentais son violados pola propia administración sanitaria. Négasenos a tutela xudicial, o dereito efectivo a dignidade, e a atención requirida en casos de urxencia”, denuncian ao mesmo tempo que chaman a todas as e os pacientes a organizarse en “defensa dos nosos dereitos”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -