Home Espazo Aberto Cultura A aposta polo rural centra a 45º Festa do Queixo de Arzúa

A aposta polo rural centra a 45º Festa do Queixo de Arzúa

0
A aposta polo rural centra a 45º Festa do Queixo de Arzúa

A Festa do Queixo de Arzúa cumpre 45 anos neste 2020. O alcalde deste concello coruñés, José Luís García López, non quere que este aniversario pase desapercibido. O 28 de febreiro dará comezo a festa co 13º Concurso de tapas e petiscos Festa do Queixo, organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa. Un dos momentos máis agardados producirase o sábado 29 de febreiro ás 12.30 horas, momento no que poderemos gozar do pregón da recentemente premiada co Goya a actriz revelación, Benedicta Sánchez, na carpa do campo da festa. O alcalde destaca a aposta do goberno local polo rural, ademais dos esforzos realizados para que a festa sexa respectuosa co medio ambiente e non se permitan as violencias machistas.

A Festa contará cunha exposición de concurso de carteis na Capela da Madalena, obradoiros de queixo fresco, o II Torneo de Xadrez, ademais dunha chea de festa e música nas rúas e prazas do concello. Neste sens, contaráse coa participación do grupo de gaitas Catro Curbín, a charanga Santa Compaña e o grup ode gaitas Fol da Chousa e Fondaos do Pífaro. Por suposto, non pode faltar o gañador da 12ª edición do Queixo Maquetón, o cuarteto de Bilbao El Capitán Elefante que actuará o sábado ás 21.30 horas.

No campo da Feira

O Festival abrirase coa banda bilbaína El Capitán Elefante e, tras eles, moitos máis grupos subirán ao escenario. É o caso de Tequila, Novedades Carminha e Ladilla Rusa que actuarán o mesmo sábado 29. O domingo poderemos gozar de MJ Pérez na sesión vermú e pola tarde, Luar na Lubre e Baiuca. Todos os concertos serán de balde.