Home Espazo Aberto Medio ambiente A APDR álzase contra o almacenamento de cinzas de carbón no porto de Marín

A APDR álzase contra o almacenamento de cinzas de carbón no porto de Marín

0
A APDR álzase contra o almacenamento de cinzas de carbón no porto de Marín

A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra anunciou o seu rexeitamento o almacenamento de cinzas de carbón no porto de Marín e esixe que se denegue o proxecto solicitado pro Cementos Cosmos S.A.

Nun comunicado de prensa, a asociación informa de que presentou alegacións no trámite de avaliación de impacto ambiental para este proxecto. A instalación proposta “non ten cabida” para a APDR xa que “nin está relacionada co tráfico portuario existente no porto, nin vai xerar un volume de tráfico que xustifique a súa presenza, nin vai prestar ningún servizo aos usuarios do porto”.

A asociación ecoloxistas fai fincapé en que no proxecto non se especifica o tamaño de partícula das cinzas a almacenar, “polo que non é posíbel saber se os filtros utilizados no proceso de introdución de aire nos condutos de carga dos silos reúnen as condicións precisas para evitar a contaminación atmosférica”.

Ademais, a APDR advirte de que o propio proxecto presentado apunta que as augas de choiva que se recollerán na instalación poderán conter lixiviados de materiais vertidos nos procesos de carga e descarga”, que serán “vertidas por sumidoiros que conectan coa rede de pluviais do porto” e afectando ao medio ambiente. A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra tamén lembra que Cementos Cosmos vén de seren sancionada pola realización ilegal de vertidos ao medio ambiente.