As protestas veciñais polo emprego das canteiras como vertedoiros sacou a luz un sistema moito máis rentable para as empresas que a propia extracción mineira. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, alertou tamén desta situación que opina non é un incidente puntual e podería extenderse por todo o país. Ademais, Noriega considera que o sistema de tratamentos de residuos de SOGAMA está colapsado e os residuos rematan nas explotacións mineiras.
Unha preocupación que vai “máis alá do local”
Os datos achegados por organizacións medioambientais como ADEGA sinalan que SOGAMA recicla ao redor dun 12% dos residuos que trata polo que queda unha ampla porcentaxe que podería rematar nestes “ocos” deixados polas extraccións mineiras en desuso.