8M, todas á folga!

Conversamos coas mulleres da rúa sobre as súas opinións arredor do 8 de marzo, a folga convocada e o feminismo

En Nós Televisión quixemos conversar a pé de rúa coas protagonistas do 8M, as mulleres. Nun momento tan turbulento coma este, no que o feminismo está sendo reivindicado con máis forza que nunca e atacado con gran condescendencia, secundar a folga e saír á rúa todas xuntas é o mellor xeito de amosar unión, apoio e forza.

A manifestación máis grande en Compostela está prevista para as 20h, con saída da Praza do 8 de Marzo. Pero ademáis, está convocado unha treboada feminista con saídas dende a Galuresa, dende a Rotonda da Paz (San Caetano), dende a rotonda de Concheiros e dende a Praza de Rodríguez Cadarso, no Campus Sur. Todas partirán ás 11.30 para confluir no mesmo sitio.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -