8M: “Paramos só para coller impulso”

A programación para conmemorar o Día Internacional da Muller abarcará todo o mes de marzo, con xornadas de concienciación e sobre todo reflexión

O mes de marzo en Compostela estará tinguido de lilá. Para conmemorar o Día Internacional da Muller, e seguindo a traxectoria destes anos anteriores, o programa deste ano continúa centrándose en crear espazos para a reflexión e o debate.  O lema deste ano tamén resulta axeitado: “paramos só para coller impulso”.

Dende o 1 ao 31 de marzo, nos Centros educativos e Centros cívicos da cidade, levarase a cabo unha “campaña de corresponsabilidade nas tarefas do fogar“, como explicou a Concelleira de Igualdade, Marta Lois. Ademais, na Praza Roxa instalaráse un punto de información, que acollerá tamén unha exposición sobre as violencias machistas e poderá ser empregado por aqueles colectivos feministas que precisen dun local estas datas. Outra medida novidosa ser a de comezar unha campaña para loitar contra o acoso no transporte urbano.

Alén disto, todos os venres, desde o 7 de marzo ata o 5 de abril, se realizarán os “Debates Feministas” na Casa das Mulleres de Xohana Torres, que inclúen mesas redondas, presentacións de libros, proxección dalgún documental…

Preme na imaxe para consultar o programa

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego