8 de marzo: haberá folga feminista en Galiza

Rexistro da folga de mulleres do 8-M

A CIG rexistra a convocatoria da folga de mulleres do 8-M e a súa secretaria confederal das mulleres, Marga Corral, chama a secundar os paros laborais de dúas horas por quenda de traballo e as mobilizacións convocadas para esa data.

Temos que rachar coa hipocrisía que xira arredor da conmemoración dun 8 de Marzo

O obxectivo desta folga, segundo explicou a secretaria confederal de mulleres da CIG, é mostrar a repulsa á desigualdade e invisibilidade históricas que soportan as mulleres, esixir a mellora das súas condicións sociolaborais e a fin da discriminación laboral que sofren, e que se veu agravada polas medidas aplicadas baixo a coartada da crise económica.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego