300 escolares participarán na concentración de Rugby de Compostela

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou en rolda de prensa a concentración de escolas galegas de rugby. Esta concentración terá lugar o sábado 21 de xaneiro no Estadio Municipal de Santa Isabel.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Nesta rolda de prensa, tanto Diego Pagnotta, presidente da Asociación Valentes, como Fernando Pérez, vicepresidente, quixeron resaltar que non se recollerán os resultados dos partidos. Isto débese a que o obxectivo é que os nenos xogen entre eles e non buscan fomentar a competición.

Unha das metas da Asociación Valente é a de velar polo desenvolvemento do deporte como un mecanismo de inclusión social no que calquera neno ou nena poda participar, independientemente da súa idade ou situación socioeconómica.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -