Home Programas Área Compostela 30 anos de Teatro do Noroeste

30 anos de Teatro do Noroeste

0
30 anos de Teatro do Noroeste
Jacobo Sutil, Marta Lois, Luma Gómez e Eduardo Alonso

A compañía Teatro do Noroeste cumpre 30 anos. Un libro e a obra “Estado de Graza” no Principal xunto a outras actividades servirán de celebración para lembrar estas tres décadas de servizo ás artes escénicas. Eduardo Alonso e Luma Gómez, de Teatro do Noroeste, falaron deste aniversario en rolda de prensa xunto á concelleira de Turismo, Marta Lois e ao director de Agadic, Jacobo Sutil.

Esta mañá. Eduardo Alonso apuntou que a obra que representarán coincidindo con este aniversario ten na memoria histórica o seu punto central. Pola súa banda, Marta Lois quixo salientar a importancia desta compañía na historia do teatro na cidade.

A obra Estado de graza poderáse ver no Teatro Principal de Santiago do xoves 16 ao domingo 19, ás 20:30 horas. O venres 17, ás 18:00 horas, presentarase, ademais, o libro no que se recolle toda a vida da compañía.

Vídeo promocional de “Estado de Graza”