28 de xuño: programa especial sobre lingua

Subtitle

O vindeiro martes 28 de xuño, emitiremos en directo un programa especial sobre a situación da lingua galega.

- Publicidade -

Rabela* de carballo quere propiciar debates e reflexións sobre o estado actual do galego para axitar o imaxinario colectivo. Contaremos con debates, entrevistas e reportaxes sobre a realidade lingüística actual.

Para gañar o futuro, precisamos do galego.

* Rabela: (substantivo feminino) Peza curva de madeira situada na parte posterior do arado, por onde se agarra para dirixilo.

Presentaremos ferramentas para xerar o debatede que no noso País, a lingua galega é un motivo do que debemos estar orgullosos e orgullosas.

A mocidade como fío conductor:

Centrarémonos nos usos lingüísticos da mocidade galega e na situación da nosa lingua no ensino. Queremos xerar contidos para ampliar o pensamento crítico no que ten a ver coa grave situación na que se atopa o galego, especialmente, entre a mocidade

Como, cando e onde?

A emisión de Rabela de carballo terá lugar o vindeiro martes, 28 de xuño. En directo, desde as 10:00h na nosa páxina web. O programa especial, de varias horas de duración, estará pendurado nesta mesma páxina ao longo da tarde do propio 28 de xuño.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego