No marco do Día do Orgullo LGTBQI+ en Galiza, a equipa de Nós Televisión quixo artellar un #EspazoAberto especial para esta xornada que emitimos o venres á noite e que podes ver aquí. Neste informativo especial, trouxemos voces como a de Patrick Dopico que recentemente asumíu a presidencia do colectivo Amizando.
O colectivo Les Coruña informa que na cidade non se realizarán actos públicos para evitar a concentración de persoas polo que levarán a loita polos dereitos LGBTQI+ ás xanelas e balcóns da cidade.
Dende Les Coruña informan tamén de vindeiras xornadas que terán lugar tan pronto as condicións sanitarias o permiten. E como nunca perdemos ollo ás youtubeiras do país, traémosvos o seguinte vídeo de Éric Dopazo que protagoniza a canle ‘Un rapá transquilo‘.