27 de decembro: volve a gala solidaria do colectivo Pallas@s en Rebeldía

O espazo artístico de solidariedade internacional celebrará a Gala Solidaria do Festiclown o vindeiro 27 de decembro en Compostela

Levar un sorriso a zonas en conflito. Este é o obxectivo que se marcaron desde hai uns anos o colectivo Pallas@s en Rebeldía. Para conseguilo cada ano organizan unha gala solidaria co nome de Festiclown que este ano terá lugar no Teatro Principal de Santiago o vindeiro 27 de decembro e que contará, ademais, cunha fileira 0 para apoiar esta causa.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Pallasos en Rebeldía lembra a necesidade de levar o sorriso a zonas en conflito. Un dos membros de Pallas@s en Rebeldía, Manuel Roxo, explicou en rolda de prensa a importancia do traballo que están a realizar. “Nos lugares nos que a humanidade xoga o seu futuro, nos lugares en conflito, tamén ten que haber espazo para a alegría”, explicou.

A Gala Solidaria do Festiclown, conducida pola actriz Isabel Risco, contará coas actuacións de Pablo Díaz, Assircópatas, Sue Moreno, Yolanda Paz, Sempre Arriba e o Coro da Rá.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -