A grella de Nós Televisión encherase de contidos dos feminismos galegos neste 25 de novembro, Día contra as violencias machistas. A equipa que conforma esta canle de televisión acredita na perspectiva feminista en todos os traballos que realiza mais, neste día de conmemoración, tamén lle outorga a exclusividade na súa grella.
Un dos contidos máis agardados para este 25N na grella de Nós Televisión será o maratón da webserie feminista Monstras. A partir das 21.30 horas emitiranse todos os capítulos da webserie realizada por Corentena Producións.