Home Programas Espazo Aberto 24 de febreiro, Día de Rosalía

24 de febreiro, Día de Rosalía

0
24 de febreiro, Día de Rosalía

A Poeta Nacional. Hoxe, 24 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía. Xeración tras xeración, a súa figura é un referente que está por riba de ideas e xeografías. Para os galegos e galegas ningunha outra figura literaria ou cultural ou política ou o que for os une tanto arredor do sentimento de pertenza a unha terra.

Rosalía naceu tal día como hoxe en Compostela en 1837 nunha casa do Camiño Novo (hoxe Rosalía de Castro). A vida de Rosalía é unha historia realmente apaixonante, chea de interese histórico, cultural e intelectual. Mentres Compostela e Padrón acollen os principais actos institucionais na lembranza do nacemento de Rosalía, a sociedade galega vólcase coa celebración: