“2019 marcará o peche de ciclo de Feijóo á fronte da Xunta”

O secretario xeral do PSdeG debullou as liñas que guiarán o traballo seu grupo no ano que “vai marcar o peche do ciclo de Feijóo”

O secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, presentou hoxe nun almorzo informativo coa prensa as principais liñas de traballo do PSdeG de cara a este 2019, un ano marcado polas eleccións municipais do mes de maio.

Caballero non deizar escapar a ocasión para atacar ao lider do PP galego e actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. No mesmo encontro cos medios afirmou que este ano entraría no Parlamento mais sen dar unha data. Para este 2019 augúralle ao goberno galego un ano cargado de mobilizacións e protestas pola súa “mala xestión” en temas como a sanidade pública.

- Publicidade -