20 días para mudar o mundo

A terceira edición de Compostela + Solidaria ofrece 20 días de accións para "mudar o mundo"

A terceira edición de Compostela + Solidaria aposta por un programa de sensibilización que se executará entre o 25 de maio e o 15 de xuño.

Desde o local podemos mudar o mundo

O Concello de Santiago e a Coordinadora Galega de ONGD poñen en marcha a terceira edición de Compostela + Solidaria, un programa de sensibilización que se levará a cabo do 25 de maio ao 15 de xuño en distintos espazos da cidade.

Ao longo de 20 días programaranse obradoiros, charlas, xogos, exposicións, proxeccións e unha Feira Solidaria coa que a cidadanía compostelá terá a oportunidade de coñecer de que forma pode “mudar o mundo” dende o seu día a día. Tamén, de divertirse e de coñecer a realidade dos países empobrecidos, o traballo das ONGD galegas e as alternativas solidarias e xustas que, dende o ámbito local, contribúen a cambiar a realidade global.

Programa completo de actividades

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego