O Concello de Santiago pecha o Ano da Memoria coa publicación do libro 1936. O Estatuto esquecido, publicado pola Editorial Guiverny e no que 11 voces actuais, coordinadas polo historiador Xosé Fortes, contan un momento histórico que marcou á capital galega e a todo o país.
O libro “1936. O Estatuto esquecido” será presentado publicamente o día 13 de decembro nun acto que se celebrará ás 20:00 horas no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da usc
Na presentación aos medios de comunicación en rolda de prensa falaron o alcalde da cidade, Martiño Noriega que tamén participa no libro e á directora da editorial, Belén Fortes. Noriega salientou a importante participación de Santiago no Estatuto do 36.
Belén Fortes quixo lembrar que tras a participación de figuras importantes do panorama polítco, social e cultural daquel momento tamén estaba todo un pobo.