17 concellos asinan a súa participación na campaña “En negro contra a violencia”

O Pazo de Raxoi viviu hoxe a xornada de sinatura do protocolo de colaboración entre os 17 concellos adheridos á campaña En negro contra a violencia.

O Pazo de Raxoi viviu hoxe a xornada de sinatura do protocolo de colaboración entre os 17 concellos adheridos á campaña En negro contra a violencia. No acto estiveron representados 15 destes consistorios e participaron tamén no minuto de silencio que tivo lugar ás 12h. na Praza do Obradoiro. As alcaldesas e alcaldes representadas coincidiron en parabenizarse da iniciativa e explicaron a razón pola que se engadiron a esta iniciativa.

Diferentes alcaldes e alcaldesas interviron esta mañá para comentar a implicación da cidadanía, o papel das entidades municipais para loitar contra as violencias machistas como para confirmar a alta participación de comercios nesta campaña

No acto tamén estiveron os concelleiros e concelleiras de igualdade da Coruña, Rocío Fraga; de Cangas, Tomás Hermelo; de Carballo, María del Carmen Ures; de Poio, Rosa Fernández; de Sada, Isabel Reimúndez; de Teo, Ignacio Iglesias e de Tui, Laureano Alonso.

Martiño Noriega tamén participou neste acto

Pechou as diferentes intervencións o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, quen informou do éxito da campaña que iniciou o ano pasado Compostela da man da concellaría de Igualdade que dirixe Marta Lois.
A campaña comeza mañá venres 18 e rematará o 25 de novembro de forma simultánea en todos os concellos adheridos

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego