Home Programas Área Compostela 15 meses para unha cita de control de alto risco oncoxénico

15 meses para unha cita de control de alto risco oncoxénico

0
15 meses para unha cita de control de alto risco oncoxénico

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia unha vez máis que a xerencia do hospital compostelano antepón “criterios de xestión fronte ás recomendacións clínicas fixadas polos facultativos e as necesidades de atención dos pacientes”.

Neste caso, a denuncia ven polo caso dunha paciente S.B.F., que tras ser diagnosticada cun Virus de Papiloma Humano de alto risco oncoxénico (VPH Tipo 51), ten que esperar ata o 2021 para facerse un seguimento, a pesar de que a súa xinecóloga firmou unha petición para unha nova cita nun plazo de 6 meses. Para a Asociación isto produce “unha grande alarma”, xa que neste tipo de casos,o control” cada medio ano é chave para “previr” o cancro de colo do útero no que ás veces poden derivar este tipo de lesións. “A rápida intervención é un factor esencial na expectativa de curación e de supervivencia da paciente”, engaden no seu comunicado. 

A Carta Europa de Dereitos dos Pacientes reza que “todo individuo ten dereito a recibir o tratamento necesario nun periodo de tempo predeterminado e rápido”, con todo, para a Asociación, isto non acontece na realidade, o que pon en perigo a vida das pacientes. “A xerencia do CHUS, ao fixar a cita con 9 meses de demora sobre a pautada pola facultativa, está vulnerando o dereito fundamental de S.B.F. á asistencia nos tempos requiridos”, engaden no seu escrito. “Cada vez que se vulnera o dereito dun paciente a ser atendido nos tempos fixados polo facultativo, non só se atenta contra un dereito individual, senón que tamén se incumpren os principios éticos da práctica médica”.

Ademais, a Asociación engade que aínda que se repite constantemente a importancia da prevención na saúde, o tema “desprézase completamente na realidade”, xa que á hora de previr, “o sistema público convértese nunha carreira de obstáculos”. E isto, tendo en conta que atopar os problemas a tempo non só salva vidas, senón que evita ademais “gastos máis elevados nos nosos tratamentos”.