15 anos de cultura, lingua e rebeldía

No 2004 escoitamos falar por primeira vez da Gentalha do Pichel e agora xa cumpren 15 anos reivindicando a nosa lingua, cultura e costumes. 15 anos cheos de dificultades

A Gentalha do Pichel está de 15 aniversario. No 2004, esta asociación cultural compostelana comezaba as súas andaduras pola cidade, reivindicando espazos e dereitos para a nosa cultura e a nosa lingua. Hoxe, xa é unha parte imprescindible do activismo e da loita pola identidade nacional en todo Galicia.

Costumes como o Apalpador e proxectos tan recoñecidos como as escolas Semente naceron dentro das portas desta asociación, a pesar das “dificultades por parte de todos os gobernos munipais”, como nos comenta Eva Rei, activista do grupo. Aínda que hoxe recordan esas trabas como “algo positivo e do que estar orgullosas” xa que foron quen de superalas.

A asociación naceu independente, autoxestionada e sen ánimo de lucro, tal e como continúa sendo hoxe en día. No local organízanse actividades todas as semanas, proporcionanespazos para emplazar música propia, obradoiros, cursos, festexos… Todo conleva un gran esforzo e traballo continuo, aínda que como nos conta Eva, contan cun “colchón de persoas que nos apoian incondicionalmente”, como cando o ano pasado lles roubaron arredor de 7.000 euros.

Con motivo do aniversario, o 2 de febreiro celebran un acto de conmemoración no Museo de Pobo Galego, ás 11:00 horas, cunha posterior actuación musical de Tralo-Valo e unha festa.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego