12.000 docentes apoian a campaña de recuperación de dereitos impulsada pola CIG

A CIG-Ensino visitou os 1.200 centros educativos que hai en Galiza para recoller un total de 11.915 sinaturas

A CIG-Ensino recolleu o actual descontento do profesorado galego coas súas condicións de traballo nunha campaña que se alongou durante dez semanas este ano e que vén de finalizar coa recollida de preto de 12.000 sinaturas de apoio a un decálogo de medidas urxentes para reverter esta situación. As sinaturas, xunto cunha carta na que se lle solicita unha reunión, foron entregadas esta mañá en San Caetano dirixidas ao conselleiro de Cultura e Educación “que non pode seguir facendo oídos xordos despois do clamor expresado polo colectivo docente”, tal e como indicou o secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, nunha concentración previa á entrega das sinaturas na que participaron ducias de delegados e delegadas desta central

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -