Arranca en Irlanda o segundo día de competición no Mundial de Fútbol Gaélico. As once da mañá as mulleres da selección galega saíron ao campo para xogar contra o Toronto County contra o que perderon 7-9 por un gol de rebote nos últimos instantes. No caso dos homes, que tamén comezaron o seu partido ás once, xogaron contra o SF Pearse a quen gañaron 12-0.
Este martes, as mulleres volverán xogar contra Bretaña e o Masculino xogará de novo contra Asia a partir das tres da tarde. Onte, as mulleres da selección galega deron unha absoluta malleira ás rivais cun 21-0 a Bretaña e un 20-5 a EE.UU. Heartlands. Os homes gañaron con contundencia ante Asia por un 25-1, pero perderon contra Nova Iorque cun 18-2.