Home Programas Área Compostela 10 nomes de mulleres para o rueiro compostelán

10 nomes de mulleres para o rueiro compostelán

0
10 nomes de mulleres para o rueiro compostelán

O grupo municipal do BNG presentou hoxe en rolda de prensa unha proposta de nomes para o rueiro compostelán. A encargada de facelo foi a concelleira Goretti Sanmartín quen explicou que a iniciativa non é nova e xa se realizou a través dun rogo hai dous anos cando propuxeron homenaxear a figura de Begoña Caamaño.

Goretti Sanmartín: “É necesario incrementar a presenza de mulleres nun rueiro en que os nomes masculinos se impoñen con moitísima diferenza”

As dez propostas do BNG local

A listaxe proposta polo grupo municipal do BNG contén un total de dez nomes. Ademais do de Begoña Caamaño estarían outras nove mulleres: Rosa Bassave, Concha Castroviejo, Dionisia López Amado, Pepa Noia, Amparo Alvajar, Mari Luz Morales, María Tobío, Elena Mihaela Marcu e Luz Fandiño.

Temos que rematar co silenciamento das mulleres

Sanmartín sinalou aos medios de comunicación a importancia de visibilizar as mulleres no día a día a través da súa presenza no rueiro.