Youtubeir@s, un concurso fara fomentar o galego nesta rede social

Os servizos de normalización lingüística dos concellos de Santiago de Compostela, Teo, A Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, e O Grove xunto ás Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo presentaron publicamente o certame Youtubeir@s – Concurso de vídeos na rede, unha iniciativa que busca potenciar a presenza do galego na Rede.

Categorías e premios

O programa Youtubeir@s conta con dúas categorías: Video-facermos, para videotitoriais que amosen como facer cousas e Vídeo-opinarmos, para vídeos nos que se achegue unha opinión ou valoración sobre calquera tema. Cada unha destas categorías vai ser premiada cunha contía de 1.000 euros e tamén se asignarán catro mencións honoríficas de 500 euros.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O certame complétase con obradoiros formativos que se desenvolverán de maneira parella ao concurso. Con elas, o que se busca é achegar o proceso creativo a calquera persoa que poida estar interesada e facer accesible o uso das redes socias e da linguaxe audiovisual para a transmisión de saberes e opinións.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -