A Xustiza dálle a razón ao Concello e continúa a licitación dos servizos dos centros socioculturais

Boas novas para o Concello de Santiago. A Xustiza dálle a razón ao goberno compostelán ante o recurso presentado pola empresa Arasti Barca pola a nova licitación dos pliegos dos servizos dos centros socioculturais de Santiago. Así o recoñeceu esta mesma mañá o alcalde de santiago, Martiño Noriega.

“Estamos satisfeitos, en teoria agora se debería seguir coa contratación”

A licitación dos servizos estaba eventualmente paralizada nos últimos dous meses e estaba provocando, en palabras do propio Martiño, importantes custes económicos para o Concello.

Aínda que xa se produciu un retraso, coa denegación do recurso por parte da xustiza deberíase poder continuar coa contratación.