As Xornadas de Música Contemporánea traen a Compostela 20 concertos

Co obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación da música contemporánea no ano 2012 retomábanse unhas xornadas que nesta edición traerán a Compostela 20 concertos. Na presentación, con participación da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, do director do Centro Nacional de Difusión Musical, Antonio Moral, da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, do director do CGAC, Santiago Olmo, da vicerreitora de Cultura da USC, María Dolores Álvarez, e da xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández, falouse das novidades deste ano.

As xornadas comezarán o día 1 de outubro co Airas Ensemble e clausuraranse o 1 de decembro cun concertó da Real Filharmonia de Galicia dirixida por Jaime Martín e co violinista Anthony Marwood.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego