Xohana Torres e o “mito universal” de San Andrés de Teixido

A editorial Engaiolarte e a Deputación da Coruña publican un ensaio inédito da escritora compostelá: "Teixido. San Andrés de Lonxe: mitos e ritos"

A tradición mitolóxica de Galicia sempre fascinou a Xohana Torres, un feito do que deu boa conta a través dun texto, inédito até o de agora, no que relataba o “mito universal” da parroquia de San Andrés de Teixido. Case 50 anos despois de escribilo, a editorial Engaiolarte e a Deputación da Coruña publícano a través do libro “Teixido. San Andrés de Lonxe: mitos e ritos”.

A saída ao mercado deste ensaio supón un “acto de xustiza” para a autora finada o pasado ano, xa que tivo que enfrontar “moitas dificultades” para recadar información e confeccionar a peza que “máis ilusión” lle facía. Torres tentaba transmitir, por medio deste texto, o “espírito mitolóxico único” que ela atopaba na aldea cedeiresa.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O Pazo de Bendaña, lugar emblemático

O libro foi presentado este xoves pola vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, e o editor de Engaiolarte, Xosé Pega. O acto celebrouse no Pazo de Bendaña, un lugar moi significativo tendo en conta que foi nese edificio onde, en 1957, Xohana Torres pechou un ciclo de poesía no que participaron outros autores e autoras pertencentes á corrente coñecida como Xeración das Festas Minervais.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -