Home Programas Área Compostela “Vive o Verán” facilitará a conciliación laboral e familar nos Centros Socioculturais

“Vive o Verán” facilitará a conciliación laboral e familar nos Centros Socioculturais

0
“Vive o Verán” facilitará a conciliación laboral e familar nos Centros Socioculturais

O programa Vive o Verán facilitará a conciliación laboral e familar. A concelleira de Centros Socioculturais, Concha Fernández, presentou hoxe unha nova edición deste programa, que se desenvolverá durante o mes de xullo nos centros e locais socioculturais.

Haberá bonificacións no prezo das actividades en función da situación de cada familia

O prazo de preinscrición para que as familias reserven a súa praza nestas actividades xa está aberto dende hoxe e durará ata o vindeiro 26 de maio, sendo requisito imprescindible estar empadroados en Santiago.